jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

Galicia terá este martes ceos despexados en gran parte do territorio

METEOGALICIA
METEOGALICIA
Soamente no litoral cantábrico haberá nubes baixas con risco de choiva nalgunha zona

De madrugada espérase intervalos de nubes baixas, con brumas e néboas dispersas no interior que darán paso á apertura de claros pola mañá para quedar pouco nubrado ou despexado durante a tarde, excepto no litoral cantábrico, onde se manterán as nubes baixas e algún orballo disperso; ao final do día volverá aumentar a nebulosidade baixa e as brumas na metade norte.

As temperaturas cambiarán lixeiramente con predominio dos aumentos nas mínimas. No litoral ao sur de Finisterre, o vento soprará de compoñente norte, mentres que no resto do litoral soprará frouxo de dirección variable, tendendo a nordeste e leste; no interior, vento frouxo variable con predominio do compoñente norte nas horas centrais do día. 

Galicia terá este martes ceos despexados en gran parte do territorio
Comentarios