Galicia quedará durante a xornada do venres baixo a influencia dunha borrasca que se moverá polo Golfo de Biscaia, moi preto da comunidade autónoma, polo que se esperan ceos nubrados con precipitacións, localmente fortes e tormentosas.
A cota de neve situarase ao redor dos 1.200-1.300 metros xa na madrugada do sábado.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.
Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste.
Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 11º 15º
Ferrol 10º 14º
Lugo 7º 13º
Ourense 9º 13º
Pontevedra 9º 14º
Santiago 9º 12º
Vigo 10º 14º