José Luis Doval: ''Leo as críticas de gastronomía das revistas e xornais e cando viaxo, probo os restaurantes que recomendan''

O xinecólogo José Luis Doval é o responsable de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU) e coordinador do Plan de Atención á Muller da Xunta de Galicia, publicado pero aínda sen desenvolver nos diferentes centros sanitarios para os que foi concebido. Foi pioneiro na sanidade pública galega por atender ás peticións de aborto que chegaban ó CHOU e pola atención específica brindada no Centro de Orientación Familiar da cidade das Burgas, dende fai uns 25 anos. Activista da prevención de embarazos entre os máis novos con un equipo de profesionais que imparte charlas alí onde os chaman. Confesa a GG que a cociña non é o seu nin ten gañas de aprender pero sí da importancia ó que come, no senso de escoller sempre calidade cando o fai fora de casa e no ámbito doméstico, cumpre ca recomendación de varias pezas de froita ó día, aínda que non conseguiu que o faga ninguén máis da familia.
                                                
                                                           

Pregunta
: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta
: Creo que a carne de falda preparada con patacas cocidas e pementos, que era un prato tradicional na casa da miña nai. Aínda o prepara pero só cando vou a sua casa.
As sopas non me gustan, e na casa incluso non comemos un prato de culler casi nunca. A miña muller tampouco é de sopas e só a vece, cando comemos fora de casa, pide un caldo verde. A mín é que a sopa me parece insulsa.

P
: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: O que máis me apetece normalmente é a cervexa e a auga con gas para a sede. Tamén me gusta o viño si é branco "godello", da D.O. Valdeorras, ou os de Ribera del Duero. Para beber nunca pido café con leite. Eu son de tomar café só ou leite só, e me gusta moito, pero ambos misturados non.
Tiña un amigo que, o contrario ca mín, era moi moreno e cando pedíamos café só e outro con leite, sempre nolo puñan o revés; para mín sempre ía o café con leite, porque teño pel máis crara e pelo branco, e para él o café só. Esta asociación de imaxe co café sempre nos funcionou así e incluso a veces cos viños tamén.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Non merco nunca doces e é raro que tome postre nun restaurante pero sí me gustan os que fai a miña nai Rosa, sobre todo o leite fritido.

P: Na cociña, ¿que tal se desenvolve e que prato se lle da mellor?
 
R
: De cociña nada de nada, aí son un desastre. Non me gusta cociñar absolutamente nada. O mellor invento para mín é o microondas para quentar a comida xa feita. Non teño paciencia para facelo. Por outro lado, non me importa fregar e poñer a mesa, pero nada de cociñar. En caso de apuro fago ovos fritos, tortillas francesas ou algún revolto, pero en ocasións moi moi raras. Gustame tan pouco cociñar que sempre me compensa recurrir ó menú do día de calqueira restaurante.
Curiosamente o meu fillo de once anos sempre está pegado a muller que cociña en casa pois lle gusta aprender, mentres que as fillas de 16 e 31 anos tampouco queren saber nada do tema.

P: Aínda así, coñece algún segredo de cociña?

R: Pois a miña nai facía moi ben o leite fritido e o arroz con leite pero nunca quixen saber cómo os fai, aínda que o meu fillo sí que lle pide as receitas. Era mellor preguntarlle a él.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Son máis de sentarme en restaurante onde tomo un primeiro dos de compartir e logo moito peixe de roca. En casa comemos un plato único ou se son varios é para aproveitar sobrar ou alimentos que van quedando de mediodía. Non sou home habitual de bares pero cando vou de tapeo é precisamente polos petiscos.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Me gusta probar cociñas novas e imaxinativas con productos bos. Sepre que entro nun restaurante que ten algo diferente, trato de probalo. Ademáis leo as críticas gastronómicas dos xornais e revistas e logo, se viaxo e paso un tempo nalgunha cidade das que lín, vou os lugares que recomendan para probar. Por exemplo, en Allariz hai una relación calidade-precio moi boa no restaurante "Fandiño" e algún domingo que estamos de batalla e non queremos cociñar, tamén temos cerca da casa en Ourense o "Pata Negra". Tamén me encanta o "Galileo" que está a uns pouquiños kilómetros da cidade porque ten unha cociña creativa e de moita calidade. Así cerca, tamén "A Taberna" no casco vello.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Son máis de peixe como besugo ou sargo ó forno, como o preparan no restaurante "A Taberna" pero tamén me gusta a lamprea, e na cidade de Ourense fana moi ben no restaurante "A Mina" e no "Bicherías". Entre os peixes, me encantan a pescada rechea e o besugo ó forno da miña nai.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por exemplo para momentos de tensión?

R: Todolos días como moita froita e son case o único na casa que a come. Cada día tomo duas ou tres pezas e un café só, pola mañá, pois tras espertar, necesito que pasen varias horas antes de levar a boca algo máis sólido, e esto tamén me pasa nos hoteis, nos que o meu almorzo sempre é breve a pesares da oferta tan abundante que sempre hai.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que lle resultase unha sorpresa agradable?

R: Fai un par de semanas fun dar unha charla a Córdoba e levaronme a cear a un cortijo que é unha ampliación do restaurante "La Barca" na cidade. O novo restaurante está rodeado de viñedos e o "catering" estivo fenomenal e tiven que preguntar qué eran moitas das cousas que nos puseron. A cea posterior foi máis desastre pero os previos deixáronme un bó gusto.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Tamén en Córdoba, probei o salmorejo que é como un gazpacho pero máis espeso. Non me gustou nada. Igual foi porque non estaba ben feito pois en realidade creo que non lle gustou a ninguén dos que estábamos na cea.

P: Que prato ou lugar lle gustaría probar pois só o coñece por referencias?

R: Teño pendente probar o menú dunha cadea de comida rápida e sán que prepara en Madrid, por exemplo, hamburguesas con carne de boi de Kobe. O caso é que a miña filla coñeceo, faloume delo e temos que ir xuntos.
es.wikipedia.org/wiki/Wagyu

P: Quen ou que cousa están para comelos?

R: A xusticia social e a igualdade de oportunidades. Son pratos difíciles de conquerir pero seguimos na sua procura pois senon habería que pechar e liscar.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Fundamentalmente non soporto o "ordeno e mando" sen explicacións nin razonamento "po un poder delegado". Nese senso, agradecín non ter que ir a mili porque estaría no cagarrón todolos días. Aleguei dificultades para afrontar esforzos por varias operacións que tiven nas pernas e librei.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Non. Creo que somos como vivimos en xeral. Nos retrata máis a nosa forma de vida que algo tan concreto como a comida, aínda que según a miña experiencia, son máis sociables as persoas que máis disfrutan da comida.

P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R: Me suxire que antes de sacar a lingua a pastar, hai que pensar e que non se debe ser esclavo das propias palabras.

Comentarios