martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Lixeiro descenso das temperaturas este venres en Galicia

METEOGALICIA
METEOGALICIA

As previsións meteorolóxicas anuncian un venres con poucas nubes en Galicia, aínda que se verán algunhas no norte, e un lixeiro descenso das temperaturas. 

Cunha influencia anticiclónica reforzada, espérase algún banco de néboa illado en zonas de interior da comunidade e nubes baixas no litoral norte. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente norte en xeral. 

En canto aos termómetros, as temperaturas máis altas do mapa urbano estarán entre os 32 de Ourense e os 20 da Coruña. As mínimas oscilarán entre os 12 de Lugo e os 16 de Pontevedra. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades
A Coruña         15°     23°    
Ferrol               16°     26°    
Lugo                17°     31°
Ourense          18°     36°    
Pontevedra     17°     30°    
Santiago         16°     29°
Vigo                18°     27°

Lixeiro descenso das temperaturas este venres en Galicia