domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Luns de nubes e claros como preludio dunha semana con sol

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, con formación de xeadas, especialmente en Ourense e o sur de Lugo

tempoComeza entrar en Galicia un aticiclón que deixará esta semana xornadas de sol, aínda que para este luns espéranse ceos alternando nubes e claros en xeral, con bancos de néboa matinais en comarcas do interior e chuvascos illados e ocasionais, máis probables no terzo norte da comunidade (A Mariña e norte da Coruña). Así o recolle a predición de Meteogalicia, que avanza que as temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, con formación de xeadas, especialmente en Ourense e o sur de Lugo. Pola súa banda, as máximas quedarán sen cambios significativos.

Entre as principais cidades de Galicia, as mínimas variarán entre os 0 graos de Lugo e Ourense e os 5 da Coruña, mentres que as máximas situaranse entre os 12 graos de Lugo e os 17 de Vigo. 

Luns de nubes e claros como preludio dunha semana con sol
Comentarios