Mabel Rivera: ''Non me gusta facer doces pero me encanta comer o tiramisú da Casa da Aira de Froxán, que eu coñecía como tarta de cumpreanos''

A actriz ferrolá gañadora dun premio "Goya" pola sua interpretación en "Mar Adentro", traballa en cine, televisión e teatro, o que até agora lle valeu para conquerir outros moitos premios que combina co seu traballo de impulsar a soberanía alimentaria galega. Agora se prepara para repetir no ámbito cinematográfico baixo a dirección de Alber Ponte, co que traballou na curtametraxe "Me llaman Rama", pero agora será nunha película sobre galegos en New Jersey titulada "Little Galicia".

                                                  

Pregunta: Cal é a sua comida favorita e cal é a que menos lle gusta?

Resposta
: Pois entre o que máis me gusta está a pescada cocida. Non me gusta e até me repugna a carne.

P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: Para a sede prefiro algunha infusión ou mesmo a auga pero algo que me gusta realmente para beber son os viños Albariños.

P: Ten unha sobremesa ou postre favorita? de quen?

R: Gustame o que na Casa da Aira de Froxán chaman "tiramisú" e que eu coñecía xa pero lle chamaba "tarta de cumpreanos", esa que vai feita con galleta mollada en licor e capas de crema.

P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Deféndome ben e gústame cociñar máis cando teño tempo, para non facelo con agobio. O que comemos é feito na casa. Me gusta moito facer calqueira prato de verdura, por exemplo, con un refrito de cebola, allo, taquiños de xamón e patacas. Ese prato fágoo moito e o que non me gusta nada facer son as sobremesas.

P: Así e todo, pode contarme algún segredo da sua cociña?

R
: Posi non sei... fago todo como o facía a miña nai e por exemplo, o guiso de lentexas leva un puntiño de pementón, como facía ela.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: En xeral, séntome para comer e dende fai bastante tempo, comemos normalmente en casa. Tamén en xeral, o que se come é excesivo de aí tanta obesidade, así que nós comemos un prato único. Tomamos froita antes da comida como preparación do estómago para a dixestión, e para eso o crú debe ir antes, e despois vai unha infusión.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Pois xa dixen que a carne cada vez menos e que me repugna en xeral, así que son de peixe.

P: Na cociña e na mesa é máis experimental ou tradicional?

R: Non me gusta entrar na cociña a experimentar e dedícolle só o tempo necesario para comer do día.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por exemplo para momentos de tensión?

R: De cando en vez, cando hai tempo polas tardes, preparo un té con moitísimos ingredientes tipo ayurvédico que se chama "té Masala", está riquísimo ademáis de ser moi nutritivo e dixestivo.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Non é recén descuberto pero sí é obrigatorio para nós cada vez que imos a Madrid en coche. Procuramos chegar a última hora da tarde e no camiño paramos nun restaurante do Alto do León para tomar a "sopa castellana". Sempre que imos a un lugar fora de casa nos apetece tomar as cousas dese lugar e o mesmo acabamos de facer á volta de Sanabria, pois paramos en Requejo (Zamora) e tiñan de prato do día unhas fabas riquísimas, tanto que moitos conductores se saen da autovía nese punto para ir a comelas o restaurante que é o "Mar Rojo"

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Non se me ocurre... pero un bó prato de castañas do Courel con chourizo (xusto o prato principal do xantar que se serviu na festa da "pisa" da castaña, o día da entrevista en Froxán (Folgoso do Courel).

P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: A ecoloxía como expresión do equilibrio do home ca natureza.

P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: O poder, tal como está montado en xeral e as desigualdades que xenera. Tamén a corrupción que está xa na base da democracia.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Sí. Non tomando a comida como alimento estricto senon partindo de que somos todo o que nos alimenta, e aí entra o afecto que recibimos e que tamén nos alimenta e conforma porque tamén somos relacións.
Se falamos estrictamente de comida, somos o que comemos, por eso a maior parte das veces acabamos enfermos por non cuidar a comida de xeito especial. Deberíamos empezar por nós mesmos no sentido de actuar como soberanos en alimentación pois Galicia pode producir o mellor para nós pero aínda así, a maior parte do que comemos ven de China.

P
: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R
: Hai xente que mellor estaba calada pero tamén lle agradeces que lle dé o pico pois así se delata e pon en evidencia.

Comentarios