Mamem Quintas: ''Durante a semana me coido con comida sinxela e ensaladas para poder pasarme un pouquiño no fin de semana''

O traballo de produción de Mamen Quintas obrigouna a abandoar o exercicio culinario doméstico, e estar nos corenta e tantos levouna a deixar de lado grasas e natas, pero mantén o seu gusto pola cociña, á que volta de cando en vez, e pola comida, dirixida en momentos de tensión extrema cara as patacas fritidas industriais. As bolsas de patacas deben ser o seu principal alimento nestes días, en vísperas da estrea televisiva de dous traballos de "Ficción Producciones". Un será a miniserie histórica "Mar Libre", peculiar por ser a primeira sobre a revolta Irmandiña, e outra a segunda tempada do concurso "Gran Cambio" con 8 ou 10 concursantes que teñen tres meses para cambiar os seus hábitos de vida.

                                                      

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta
: A ensalada de aguacate, noces, champiñon natural e canónigos en lugar de leituga. Non soporto nin fígado nin riles, en xeral, pratos de vísceras.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: A miña favorita é a "cocacola light" porque me da un puntiño.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Me gusta moitísimo un pastel chamado "vienesa" da Casa Mora de Santiago. É unha tortiña moi fina con améndoa e dóblana deixando no interior nata e manteiga. Tamén me gusta a tarta de galleta, manteiga e chocolate que facía Teresa, que traballaba na nosa casa e agora fágolla eu ós meus dous fillos e encántalles. Sempre ma piden para eles e para os seus amigos.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Nesta etapa dos cuarenta e tantos anos, cociño algo e preparo comida "light" e todo sinxelo como cousas á prancha e ensaladas. Antes cociñaba moitísimo pero por traballo fagoo cada vez menos. Así e todo me piden en casa o arroz ó curry, o guacamole a as cremas de salmón que fago. Noutros pratos aprendín a cambiar graxa por menos graxa e por exemplo, o tiramisú que facía antes con moita nata agora fagoo con queixo "Filadelfia".

P
: É de xantar compreto ou de tapeo?

R: Xa non son de xantar completo. Todos os días como fora de casa e vou a base de "sandwich" ou ensalada. Logo xa na casa, pola noite, máis ensaladas e para o fin de semana fago pratos ricos e comidas con postre.
Para tapear só me apunto os venres ou sábados pola noite e, de feito, cuidome durante toda a semana para poder pasarme un pouquiño nos días do fin de semana.

P
: Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R: Pois as duas cousas no caso de estar de cociñeira pois xunto cousas aprendidas da miña nai, e de Teresa e engado outras novas. Como comensal son máis innovadora que clásica.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Son máis de peixe e encántame preparar rape á prancha aínda que tamén me sae moi ben o rape á cervexa con allo e pan fritido e machacado, pero claro... leva salsa e estoume quitando delas.

P
: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R
: Como vicio absurdo na comida teño o das bolsas de patatas "Lays" ó punto de sal para os momentos de tensión nos que engado unha botella de "cocacola ligth" e comida apuradísima.

P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R
: Descubrín fai un ano as tellas de Lugo, nunha pastelaría cercana á praza de España. Miña irmá vive alí e un día ó pasar, collínas para probar e me gustaron tanto que xa llas encargo a ela.

P
: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R
: Nunca pido algo que non me vai a gustar pero este verao, comín nun restaurante de Sanxenxo un marisco plasticoso e o peixe tamén estaba de pena, algo que foi desagradable pero tamén raro pois non me pasara antes.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R
: Me gustaría ser capaz de probar comidas exóticas como formigas fritidas e espero que mas den a probar.

P
: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R
: O actor Will Smith está para comelo, como persoa e como actor. Eu vexoo na relación ca sua familia como sinceiro, sinxelo e protector, e como actor penso que é moi interesante e que medrou moitísimo.

P
: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: Neste momento, habería que rillar ós nosos representantes políticos en xeral. Non soporto esta situación espantosa de conformidde na que vivimos.

P
: Pensa que somos o que comemos?

R: Sí, totalmente. Como exemplo vexo que o meu corpo me pide "cocacola" para estar activa e ocurre igual ó seleccionar o que como pois para estar lixeira de corpo escollo alimentos que ademáis me fan estar lixeira de mente.

Comentarios