O novelista, xornalista, ensaísta, académico e poeta coruñés, multipremiado por obras das súas diferentes facetas, presenta en Madrid o día 20 de outubro a sua última novela titulada "Todo é silencio", tras varios actos que combinaron literatura e música para dalo a coñecer en varias cidades galegas. Desta novela falou tamén en Ourense, onde participou na semana literaria adicada á novela histórica, con encontros co público e sesións de firma de libros. Alí explicou a GG lembranzas e gustos relacionados ca comida e ca cociña mesturados no seu "presente recordado".
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: O caldo galego feito na casa con verduras mesturadas e enriquecido con polo. Fora de casa, o caldo que é maravilloso e debería estar recomendado como terapia médica contra os estados de ánimo baixos é o que poñen en cunca no Tanagra da Coruña, a carón do teatro Rosalía. Sonlle moi fiel porque foi o primeiro sitio no que comín fora da miña casa e pagando co meu salario dos 16 anos e comín as sardiñas con pan de broa.
Algo de comer que non me guste é difícil pero fora do polo, non me gusta nengunha outra ave. Ademáis me gusta cada vez menos comer carne pero me encantan os iscos (anaquiños de touciño) cravados n un pao e asados ó lume sobre pan de broa.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: O que máis me gustan son os viños, tanto brancos como tintos. Sempre me gustou o tinto de Barrantes en cunca, que tomaba nos furanchos dalí con xurelos. Así e todo, en tintos son algo internacional aínda que agora estou na groria cos "mencías" que saben máis á terra. En brancos son de Ribeiros más que de outros. Non me gustan os licores tipo "vodka", ese fortes e, en xeral, me gustan os licores e viños que me fagan falar, pero non os fortes.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Son larpeiro e gustame moito o queixo do país, non demasiado brando, con marmelo caseiro.
P: Na cocina,¿que prato se lle da mellor?
R: Fago algunhas cousas ben como o bacallao "á Gomes de Sá" e outros peixes ó forno.
P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?
R: Botarlle de cando en vez unha mazá os pratos de guiso de carne para engadirlles así un arrecendo de horta que se suma ós outros elementos xa mesturados.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: A verdade é que o xantar principal eu fágoo moi lixeiro pois escribo durante o día e a comida me pilla traballando así que almorzo pola mañá con froita e cereais variados, logo xanto pouco pois me gusta gozar da comida e o traballo non me permite facelo a esas horas, pero logo a cea procuro facela eu, xa con máis tempo.
O tapeo conleva o contacto social que máis me gusta despois do de cear e conversar, e hoxe calqueira cidade é idónea para ir picando cos amigos.
P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?
R: O máis revolucionario é o xénero clásico e como cociñeiro eu son eso, igual que A Odisea foi a primeira e segue a ser a mellor. Como comensal ocurre igual pero non teño medo a novas experiencias.
P: ¿Carne ou peixe?
R: Pois cada vez menos de carne e máis de peixe ó forno.
P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?
R: Non teño caprichos salvo o de buscar coma un tolo as primeiras cereixas de temporada que chegan o mercado de San Agustín da Coruña.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R: Descubrín con gusto a pizza de sólo pan e cebola que comín en La Madonna de Bós Aires, no barrio de San Telmo, que é de un galego.
P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Uns callos sen garabanzos que comín fai pouco lonxe de eiquí.
P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?
R: Sinto curiosidade pola comida de outros lugares, en xeral. Gustaríame ter a oportunidade de coñecer a comida do interior de Camerún pois ca diversidade cultural que hai nese país, a comida ten que ser espectacular. Tamén me gustaría comer un prato de arroz nunha aldea de China.
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: Pois unha boa novela erótica.
P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: O tempo político actual e o sectarismo dos políticos, en xeral.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Se cadra, somos máis o que bebemos.