María Lameiras: ''Como cociñeira teño a máxima de non tentar facer o que xa fai ben a miña nai así que customizo receitas que atopo en calqueira lugar''

A vicerreitora do campus de Ourense, integrado na universidade de Vigo, chegou ou seu cargo ó tempo que un mañuzo de mulleres que foron as primeiras en ocupar cargos directivos en todalas universidades galegas fai uns meses, nengunha como reitora. No caso dela, compaxina o seu novo posto ca labor docente que exerce dende fai 20 anos en Psicoloxía da Sexualidade, dentro dos estudos de Psicopedagoxía da facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Na sua cociña mental tamén reparte o tempo ca preparación dunha segunda novela sobre relacións humanas e emocións, trala primeira titulada "Vals Latino", a elaboración dun programa de educación sexual para mozos e mozas de toda Galicia e, como remate, algún outro libro de investigación como os xa publicados sobre violencia de xénero, abusos sexuais na infancia e educación sexual, ela soa ou con outras investigadoras.
 

                                                   

Pregunta
: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta: Me encantan os pratos de peixe en xeral e a pescada ó forno o que máis, aínda que tamén o cabrito asado e non me gusta ningún prato que leve vísceras, nin miolos nin lengua nin cousas así.

P
: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: Recoñezo que son un pouco adicta a "Cocacola", e sempre a tomo "light", con limón e xeo. Non me gustan nada as bebidas alcohólicas, salvo o viño para algún brindis ou a cervexa pero nunca tomo destilados, non o fixen nin de nova e agora xa non vou por elas.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R
: Dos caseiros me encanta a crema catalana que fai a miña tía Mariluz, que vive en Ourense e en cada festa familiar se encarga de todolos postres. Sempre nos pon na mesa varios á vez, por exemplo, tarta de améndoa, biscoitos e crema catalana, e eu adoro ésta última. Fora de casa me gusta o mesmo postre pero só o que fan no restaurante "Zarampallo" da rúa San Miguel, no casco vello de Ourense.

P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?

R: Na cociña manéxome ben pero no día a día teño pouco tempo así que fago pratos sinxelos como cousas á prancha ou no forno e moita, moita ensalada. Tamén merco comida "bio" da que elaboran cada día para o supermercado "Aquié" que ten en Ourense o grupo Cuevas, que fan cada día diferente, con ingredientes saudables e moi ben de precio.
A mín gústame cociñar pero só o fago cando hai tempo e si é para moitos así que neses casos preparo racións diferentes para probar como ensaladiña de cangrexo, uvas con queixo e pan centeo, paté de aceituna que fago con catro cousas, e logo un pescado ó forno, xeralmente pescada.

P: É vostede de xantar compreto ou de tapeo?

R: Na casa da miña nai sempre se xantou con dous pratos e postre pero eu na miña só tomo un prato que soe ser de algo á prancha con ensalada. Cando preparo un xantar para unha celebración en casa a cousa cambia e fago cinco pratos diferentes e todos abundantes, claro. Outra cousa é cando saio, entón sí que me encanta tapear e sobre todo o fago en Ourense, pois cando viaxo por traballo non me queda tempo para facelo. Lembro tamén unhas racións moi boas na Lanzada de arroz de marisco e pulpo á feira, e tamén nun bar de Meaño (Pontevedra) a carón do Museo da Muller Labrega en Meaño., onde poñen un pulpo á feira moi rico.

P: Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?

R
: Como cociñeira teño como máxima non tentar facer o que xa fai ben a miña nai pois nunca me sairá coma ela, así que me encanta innovar. Collo receitas de internet, de revistas ou do que vexo e "customizoas", vamos que as fago a miña maneira. Por exemplo, xa fago na casa un bacallo que comín en Portugal, riquísimo, dentro de unha bola de pan centeo. Pois eu merco a bola, quítolle a tapa de arriba e a miga de dentro, e esas migas as engado a unha sartén onde se está a facer o bacallao con moita cebola e engádolle tamén xamón, e con todo o da sartén encho o interior da bola, poñolle a tapa e meto todo no forno uns minutos.

P: Máis de carne ou de peixe?

R: Na casa son máis de carne, porque é máis cómoda de preparar así que cando saio, procuro xantar máis peixe, que tamén me encanta.

P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?

R: O meu capricho son os froitos secos e cando me poño a comelos xa non podo parar. Esto ocúrreme en momentos de estrés e canto máis estrés, máis froitos secos como por eso a mín o estrés me engrosa.

P
: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?

R: Pois que lembre, uns pulpiños pequechos feitos á brasa no Asador Rosiña de Loiro (Barbadás), cerquiña da cidade de Ourense. Tamén me veñen a cabeza os mellores callos que probei en toda España, despois dos da miña nai claro,  e que os fan no restaurante "Valilongo", de camiño entre Ourense e Pobra de Trives, a 30 kilómetros da cidade de Ourense.

P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?

R: Non lembro nada que non me gustase últimamente.

P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?

R: Non hai moito deso pois cando me falan de probar algo vou a por elo rápidamente. Así, das últimas recomendacións lembro una moi perto de Chaves, en Samaioes, un lugar impresionante para un xantar único nun vello pazo. Bueno, sí, teño pendente ir o mesón "Lucus" de Chantada onde me dixeron que fan unhas carnes boísimas.

P: ¿Quén ou qué cosa está para comela?

R: O actor Brad Pitt está para comelo pola mirada que tén e tamén os programas deportivos de patinaxe artístico que botan na televisión, a mín prodúcenme un benestar semellante o relacionado con unha boa comida.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: Pois para rillar por unha perna están as persoas que cuspen pola rúa e tamén os locais cheos de fume. O último por sorte xa se acabou e eu quedei encantada ca nova lei de control sobre o tabaco, porque teño a gorxa sensible e cando iba a calqueira lugar no que se fumaba, sempre saía con ela moi irritada.

P: Pensa que somos o que comemos?

R: Non. somos moito máis que o que comemos.

P: Que lle suxire aquelo de pola boca morre o peixe?

R: Que hai que ter coidado co que se di.

Comentarios