jueves. 24.06.2021 |
El tiempo
jueves. 24.06.2021
El tiempo

Martes de chuvascos e temperaturas mínimas en descenso en Galicia

Previsión de Meteogalicia. EP
Previsión de Meteogalicia. EP
. Ao final do día chegará unha fronte polo litoral atlántico que deixará choivas en toda a comunidade

Este martes non se esperan cambios significativos, con Galicia na influencia das baixas presións e réxime de vento do oeste. Así, o ceo estará parcialmente cuberto, con chuvascos máis frecuentes pola mañá e máis illados e ocasionais pola tarde. Ao final do día chegará unha fronte polo litoral atlántico que deixará choivas en toda a comunidade co avance da noite. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado de compoñente oeste, aumentando a forte pola noite. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas altas, e as máximas quedarán sen cambios significativos. 

Deste xeito, nas grandes urbes galegas os termómetros subirán até os 17 graos en Pontevedra e os 16 en Vigo e A Coruña, pero non pasarán dos 13 graos en Lugo. En canto aos valores máis baixos, na capital lucense e en Compostela chegarase aos cinco graos no momento máis frío da xornada, mentres que na Boa Vila non baixarán de nove graos e en Vigo e Ferrol, dos 11º.

Martes de chuvascos e temperaturas mínimas en descenso en Galicia
Comentarios