miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Unha nova fronte anuncia un xoves de nubes e paraugas

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia acusa este xoves o paso dunha nova fronte, moi activa nas horas centrais do día. As choivas comezan a primeira hora polo litoral atlántico e iranse estendendo de forma progresiva ao resto da comunidade.

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, as precipitacións serán moi persistentes e puntualmente fortes, especialmente en puntos de Pontevedra e do sur da Coruña.

Nunha xornada na que o vento soprará de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico, as temperaturas experimentarán un ascenso, sobre todo as mínimas. Lugo rexistrará a máis baixa do mapa urbano, con 7 graos, mentres que o resto de cidades non baixarán dos 10 ou 11. En canto ás máximas, moveranse entre os 13 de Santiago e os 16 de Ourense.

Temperaturas previstas
A Coruña       10°     15°
Ferrol             10°     15°  
Lugo                7°     14°
Ourense        10°     16°    
Pontevedra  10°     15°    
Santiago      10°     13°
Vigo              11°     15°

Unha nova fronte anuncia un xoves de nubes e paraugas