
Galicia estrea unha nova semana con néboas matinais no interior, ceos máis despexados no sur e cubertos na metade norte, onde haberá choivas débiles pola tarde coa chegada dunha fronte pouco activa.
Atendendo ás previsións de Meteogalicia, nunha xornada na que a comunidade seguirá baixo o dominio das altas presións situadas ao nordeste de Azores, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Ourense e Lugo terán as mínimas máis frescas do mapa urbano, con 8 e 9 graos respectivamente. As máximas moveranse precisamente entre os 16 da capital lucense e os 21 da cidade das Burgas.
Temperaturas mínimas y máximas previstas
A Coruña 12° 18°
Ferrol 10° 17°
Lugo 9° 16°
Ourense 8° 21°
Pontevedra 10° 20°
Santiago 10° 17°
Vigo 12° 20°
Ferrol 10° 17°
Lugo 9° 16°
Ourense 8° 21°
Pontevedra 10° 20°
Santiago 10° 17°
Vigo 12° 20°