viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Nubes e choiva para empezar o fin de semana

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Os mapas do tempo anuncian un sábado con inestabilidade en Galicia. Tras unha mañá de ceos cubertos ao norte e alternancia de nubes e claros no resto da comunidade, as nubes irán aumentando co avance do día e deixarán choivas que poden ser treboentas e, localmente, ir acompañadas de saraiba. Meteogalicia prevé que sexan máis probables no interior.

En canto ás temperaturas, non se esperan cambios significativos. As máximas chegarán aos 27 graos en Ourense, aínda que A Coruña non pasará dos 17.

Nubes e choiva para empezar o fin de semana