Nubes e claros en Galicia para comezar a semana

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso
Previsión de Meteogalicia
photo_camera Previsión de Meteogalicia. EP

 Galicia queda este luns na influencia dun débil centro de altas presións con fluxo de vento do oeste e temperaturas case sen cambios, segundo Meteogalicia Polo tanto, espérase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con máis nubes pola mañá, cando se poderá rexistrar algunha choiva débil e ocasional

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentres que as máximas seguirán se cambios e o vento soprará frouxo de compoñente oeste. 

Así nas grandes urbes galegas os termómetros alcanzarán os 21 graos en Ourense e os 18 graos en Lugo, Pontevedra e Compostela. En canto aos valores máis baixos, na capital lucense descenderán ata os seis graos, mentres que na Boa Vila, A Coruña ou Santiago non baixarán dos oito graos.

Comentarios