Nubes para despedir o verán

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia vive o último día completo do verán, antes da chegada do outono o martes, baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste da comunidade. Así as cousas, as previsións de Meteogalicia apuntan a que este luns será unha xornada de intervalos nubrados e chuvascos ocasionais, cunhas precipitacións que serán máis probables pola tarde e canto máis ao norte e ao leste da comunidade.

Nun día no que o vento soprará frouxo e de dirección variable, as temperaturas máximas non experimentarán grandes cambios, mentres que as mínimas rexistrarán un lixeiro descenso.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña     15°     21°    
Ferrol           15°     22°    
Lugo            14°     24°
Ourense      13°     25°    
Pontevedra 14°     23°    
Santiago     14°     22°
Vigo             16°     24°