Poucas nubes nunha xornada por enriba dos 20 graos

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia vive este xoves unha xornada na que o paso das horas irá limpando o ceo, que recibirá o día con algúns bancos de néboa en comarcas do interior e brumas na costa. Co avance do día quedará pouco nubrado ou despexado, con intervalos de nubes de tipo alto. 

Atendendo á información de Meteogalicia, o vento soprará frouxo de compoñente oeste e as temperaturas mínimas experimentarán un moderado descenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios ou terán lixeiros descensos. Así é que as máximas se moverán entre os 20 graos da Coruña e Ferrol e os 26 de Ourense. A mínima máis fresca da Galicia urbana corresponde a Lugo, con 10 graos.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña     14°     20°    
Ferrol           11°     20°    
Lugo            10°     23°
Ourense      13°     26°    
Pontevedra 12°     24°    
Santiago     12°     23°
Vigo             13°     21°