As precipitacións continuarán este domingo en Galicia

As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso

Durante o domingo Galicia estará unha situación intermedia entre altas e baixas presións, con circulación do oeste, que deixará moita humidade, sobre todo nas provincias atlánticas.

Deste xeito, os ceos estarán anubrados, con precipitacións que serán máis probables canto máis ó oeste, sendo xeneralizadas cara á noite en todo o territorio.

As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos en xeral, con intervalos fortes no litoral norte.

meteogalicia

Comentarios