Puri Mayobre: ''Gustaríame rillar ben o patriarcado e o sexismo pero goza de boa saúde a pesares de ser milenario aínda que o sigo tentando''

Purificación Mayobre Rodríguez é filósofa, cunha páxina web que ten na cabeceira "Feminismos, Géneros e Identidades". Cofundadora da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas, na universidade de Vigo (campus de Ourense) fai agora sete anos e, no mesmo ámbito universitario, participou da labor pioneira en España, de ser codirectora do Programa Oficial de Posgrao en Estudos de Xénero dende 2005, entre outras actividades.
Ademáis escribiu soa ou con outros autores, unha decena de libros, entre eles "Feminismo, Ecoloxía e Pacifismo", "Xénero e Política" ou "Xénero e marxinación". Dos últimos é o adicado a "Luce Irigaray" por ser a principal representante do movemento filosófico feminista contemporáneo en Francia.
O proxecto máis inmediato de Mayobre é rematar un estudo que desenvolve un equipo de 8 persoas, nos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, sobre a fenda que persiste nos estudos superiores de inxeñerías e arquitectura, en relación co xénero.
No marco do mes de marzo, parcialmente adicado a cuestións relacionadas ca desigualdade debida ó xénero, Mayobre destacou que é importante a fenda existente no acceso a algúns estudos universitarios e está a analizar as dificultades que afrontan as rapazas nesa etapa.

                                                    

Pregunta
: Cal é a sua comida favorita e cal é a que menos lle gusta?

Resposta: Pois aínda que vivo fai moito en Ourense, medrei na Coruña, en contacto co mar, así que o que máis me gusta é o marisco, sobre todo as nécoras e os camaróns, e calqueira tipo de peixe. O meu pai era pescador aficionado e de cando en vez, un amigo prestaba a chalana e iban nela meu pai e pescadores profesionais. A lembranza que teño daquela época é que o peixe era moito máis abundante e era realmente fácil acceder a él.
A comida que non me gusta nada é a relacionada ca caza, tanto polo sabor, que para mín é demasiado forte como polo contexto de crueldade que conleva e por eso non me provocaningún interés.

P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: O que prefiro beber é auga de manantial e sempre imos visitar algún da zona rural para coller 3 garrafas de auga para toda a semana, tanto para beber como para cociñar.Fago esto porque está moi rica e non me fío nin das envasadas, pois hai estudos que falan de un trasvase de sustancias tóxicas do envase á auga que contén. O manantial ó que solemos ir é o da fonte do Fuxón, na entrada de Allariz, detrás dos primeiros adosados. Tamén me gusta a de Cabreiroá, pero só a bebo se imos ó manantial a Verín a recollela en garrafas, nunca a que comercializan envasada.
Tamén tomo cervexa e viño tinto, sobre todo os Riojas aínda que cada vez máis me están gustando os da Ribeira Sacra que xa compiten con calqueira Rioja clásico. Non bebo nunca os refrescos, do tipo que sexan.

P: Ten unha sobremesa ou postre favorito? de quen?

R: A verdade é que sou larpeira e me gusta moitísimo unha empanada de mazá que fai a miña nai cando a visito na Coruña. Ela ponlle esas mazás do verao que se lle dan na horta e teñen un sabor algo acedo, así que contrasta co máis doce da masa e está moi boa. Tamén me gusta o arroz con leite, figos e pasas que fai o meu home, Kike.

P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Gústame cociñar aínda que cada vez o fago menos porque me absorbe o traballo, mentres que antes facía até marmeladas e marmelo caseiros. Agora fago sobre todo guisos de peixe ou peixe ó forno, con recetas que aprendín da miña nai ou consultando libros de cociña. A verdade é que antes lle adicaba máis tempo á cociña precisamente para facer postres, polo larpeira que son.

P: Pode contarme algún segredo da sua cociña?

R: Para mín é fundamental que o pementón que uso nos guisos e nas alladas sexa o "Pimentón de la Vera" polo seu sabor único.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R
: En xeral, son de comer sentada e sobre todo, adicarlle tempo á comida así que tomo un primeiro prato, con ensalada e postre. Tamén podo petiscar pero incluso fora de casa prefiro adicarlle un tempo a comida, con tranquilidade.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Sempre o peixe, sobre todo xurelos, sardiñas, sorga, sargo, peixesapo e un peixe que traía o meu pai, e xa fai anos que non como porque non está nos mercados e se chama "vellas". Era delicioso.
Gústame moito preparar a merluza e o peixesapo á galega pois son pratos sinxelos, rápidos e moi nutritivos e miro moito que as preparacións sexan pracenteiras e me preocupo tamén de que os productos sexan ecolóxicos e sans.
Pero si hai que falar de carne, tamén me gusta un asado de tenreira con menestra de verduras e patacas. Tamén lembro que experimentei fai pouco con un solombo envolto en masa de follas (hojaldre) que estaba boísimo e era a primeira vez que o facía.

P: Na cociña e na mesa é máis experimental ou tradicional?

R: Na cociña vou máis ó seguro aínda que tamén podo inventar co que teña na casa. Se me poño á mesa, gustanme as novas e probar pratos diferentes.

P
: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por exemplo para momentos de tensión?

R: O café é fundamental para mín, pola mañá e despois de comer, de feito, non me remata a comida até que acabo de tomar o café. Logo, tamén teño chocolate sempre conmigo, tamén eiquí no despacho da facultade e a media tarde supón para mín un estímulo importante para seguir. Antes de deitarme tamén é habitual que tome algunha infusión de tipos diferentes.

P: Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Hai uns meses sorprendeume un arroz meloso con vieiras que me puxeron nunha casa de comidas da praia de Canido, cerca de Vigo, e encima completouse ó xantar con unhas cigalas á prancha deliciosas.

P: E algún outro que na primeira vez resultase unha experiencia desagradable?

R: Outro restaurante, esta vez en Portonovo, resultou ter unha cociña mediocre despois de que o escollimos polos comentarios e referencias que saían en internet. Unha vez alí, só estivemos duas persoas comendo, en pleno mes de xullo, e os pratos resultaron decepcionantes.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Teño como materia pendente coñecer mellor a cociña xaponesa. Teñoa probado e gustame moito polo peixe e porque usan moita verdura, todo esmigadiño e tan colorista e ben presentado. Está moi rica a do restaurante xaponés "Shouri" do centro comercial que está no porto da Coruña.

P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: O movemento dos colectivos de mulleres en xeral. Están nun momento álxido pero sigue sendo importante recoñecer a labor e función que levan feitas. Impresionáronme, xa máis en concreto, as asistentes ó Congreso de "Oportunidades de la Edad", celebrado en Madrid a comezos de marzo, contando con "mulleres sabias" e alí estaban moitas, de máis de 80 anos. Entre elas Maribel Lozano, nunha mesa de seis mulleres de traxectoria vital variada, ou a presidenta da Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas, Ana María Pérez del Campo que me pareceu moi combativa e transgresora. Tamén estivo Mercé Mes, do consello estatal de persoas maiores que transmitiu moita vitalidade e xa ten 17 netos. Todas elas tiveron o recoñecemento pola loita que emprenderon fai anos.

P
: ¿Quen ou que cousa están para rillalos?

R: O sistema patriarcal en xeral. En Galicia é visible, como en outros lugares, aínda que hai paises nos que o sexismo e o patriarcado son máis evidentes. Pero eiquí tamén están e demostran o erro da idea de que en Galicia funciona ou funcionou o matriarcado. Eso non existe nin existiu senon que simplemente foi o papel das mulleres nas casas na época en que os homes emigraban todos.
Gustaríame rillar ben ese patriarcado e estou nelo. É difícil porque a pesares de ser milenario, goza de moi boa saúde pero hai que seguilo tentando.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: En filosofía "somos" ten unha manifestación existencialista e según ela somos suxeitos construidos, e na nosa construcción inflúe a comida pero hai outros moitos aspectos como a cultura ou a educación.
Prefiro a frase de Hipócrates "que el alimento sea tu medicamento" pois me parece importante algo como a alimentación como fonte de pracer, sendo como é una necesidade e obriga diaria, polo que hai que facelo de forma san.

P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R
: A discreción no falar é un valor moi importante. Hai xente que non ten ningún tipo de continencia verbal e debería contar até cen antes de abrir a boca.

Comentarios