Raquel Arias:''A señora Fe de Lourenzá reveloume que botar cáscara de limón no aceite no que fríes peixe, impide que cheire a frito''

A "superdelegada" da Xunta na provincia de Lugo chegou a política como alcaldesa do seu pobo, Sober, e seguiu como Deputada provincial, pero a sua formación académica e primeiras experiencias laborais foron antes como xornalista en varios medios de comunicación tanto escritos como radiofónicos. Fai anos que descubriu que os fogóns son a única tarefa caseira que lle gusta e nela volca parte das suas conversas, nas que recolle e transmite recetas tradicionais da sua contorna.

                                                   

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: O que máis me gusta é a empanada de "adeísco" e chourizo, tradicional no interior de Lugo e que se fai na época da matanza con panceta, chourizo e castañas. Sólo se fai na época da mata do porco e hai que esperar todo o ano por ela. Non podo falar de algo que non me guste nada na comida porque sou de moi bo dente.
(Dous días despois lembrou que non lle gusta nada o gazpacho dende que o probou os 16 anos na casa de unha amiga, e incluso tentouno de novo cando era máis maior pero siguelle parecendo que ten un sabor desagradable).

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: As que máis me gustan son a auga e no viño de Amandi (Ribeira Sacra) e non me gustan nada os licores en xeral.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: O "dulce de carrola" que fan os veciños da parroquia de Proendos (Sober), onde nacín, con noces, azúcar e ovos. Todos o preparan na casa e é o postre especial do día das festas do pobo. Tamén me gustan as cañas de crema que fago eu na casa e o arroz con leite de calqueira casa ou restaurante, con moitísima canela.

P
: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Pois téñome por boa cociñeira e eso é o único que me gusta facer de todas as tarefas da casa. Danseme ben as almexas que fago dende que comecei a cociñar, con unha receta que me deron nunha pescadería de Monforte. Fágoas con algo de aceite, cebola, allo e perexel e teñen certa fama así que pidenmas na casa de vez en cando.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R
: O último contoume a señora Fe de Lourenzá que me dixo que hai que botarlle unha cáscara de limón o aceite do peixe cando se vai freir, para que non cheire.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Acostumo a desayunar moi forte pois é a comida que máis me gusta até o punto de que cociño a primeira hora da mañá para darme ese gusto. Logo fago comida rápida e as ceas lixeiras pois son sempre máis tarde do que me gustaría.

P
: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Como cociñeira fago receitas clásicas pero tamén invento outras cos sobrantes que andan pola nevera. Como comensal me gusta tanto o feito de comer que me vai todo, sexa clásico, tradicional, innovador ou o que sexa.

P
: ¿Carne ou peixe?

R: Sobre todo gustanme as verduras, logo máis o peixepero depende das épocas e nalgunhas tamén me apetece carne. O peixe que prefiro é a pescada e o bonito e en carnes prefiroa terneira pouco feita e o polo caseiro que cría e fai a miña nai.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Para mín é imposible empezar o día sen zume de naranxa e sempre celebro as alegrías personais con un bombón ou un trozo de chocolate.

P
: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R
: Foi para mín unha sorpresa a carne de cocodrilo á parrilla que probei en Cuba fai uns anos e me gustou.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Quitando o do gazpacho que non consigo que me guste, non lembro ningunha.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Teño pendente de probar carne de cabra preparada con unha receta ancestral na zona do Saviñao. Faloume dela un adegueiro porque cada ano a fan e se chama "caldeirada de cabra".

P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: Os surfistas e e o feito de ver os seus corpos cando collen as ondas ca táboa.

P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: A prepotencia... e chégalle ben toda a que hai. Non soporto ós que se creen o centro do mundo e pensan que son imprescindibles.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Non sei. Igual sí...ou comemos o que necesitamos para ser nos mesmos...e o digo porque por exemplo eu, teño anemia con frecuencia e non necesito que mo diga un médico pois o meu organismo xa ten máis apetencia pola carne semicrúa nesas épocas. E tamén me apetecen máis os doces cando teño o ánimo máis caído, mentres que si teño o ánimo pleno me apetencen máis as ensaladas.

Comentarios