Roberto Verino: ''O viño foi considerado o elixir dos deuses así que debería ser un ben cultural con proteción''

O desenador e empresario é natural de Verín, vila da que tomou o nome para engadilo o seu eliminando o apelido familiar "Mariño". Con esa marca local, Roberto Verino viaxa ca sua roupa por todo o mundo pero no gastronómico tamén alude a relacións sempre galegas e nese contexto se moven as suas lembranzas e ansias, como a presencia da sua nai nos pratos que él elabora ca receita que ela lle ensinou, o gusto polas "filloas de sangue" tradicionais na raia ou polo seu anceio de descubrir o segredo dos bacallaos preparados polos veciños lusos, a moi poucos kilómetros da nave nodriza de Verino. Estivo en Ourense para vestir unha botella de "Cocacola" con encaixe de Chantilly e nos seus proxetos está a saída ó mercado na primaveira, de unha liña de roupa de cama e utensilios de fogar ca sua marca.

                                                  

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: A miña comida favorita varía según a tempada do ano e no caso do inverno nada me satisface máis que un bó cocido, eso sí con grelos que son a miña verdura preferida.
No sentido contrario, teño problemas co allo pois son alérxico a él e esto me condiciona moito cando como fora de casa pois teño que ter claro que non se utiliza nun prato e incluso que o coitelo co que se corta allo para outros non se utilice para una comida miña pois tamén así se me desenvolve a alerxia en forma de reación cutánea.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R:Estou convencido de que o viño é o elixir dos deuses e a única bebida que acompañaba ós cultos antigos, como bebida asociada o máis alá. Era unha bebida máxica e agora necesitada do apoio cultural porque se confunde moito con bebida alcohólica, e dende logo tamén o é, pero o seu sentido máis completo é o de vinculación as culturas nas que se ofrecía viño os deuses. Tamén na cultura relixiosa, como a cristiá, pois hai que lembrar que o viño simboliza o sangue de Cristo.
Tamén me gusta a "cocacola" e nas viaxes, cando teño que estar moi activo, tomoa porque me da esa sensación de benestar.
Non probo as bebidas demasiado edulcoradas que aparentan quitar a sede pero en realidade provocan o contrario pero en xeral, non rexeito ningunha bebida de xeito claro e rotundo e penso que sempre hai razóns para que existan determinadas cousas que están de moda, tamén as bebidas.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Lembrome con moito cariño das filloas de sangue que eran o postre na casa da miña avoa, pero agora xa non pode ser e sempre será o meu postre irrepetible e inesquecible. Aparte dese, cada lugar ou restaurante ten sempre algún postre magnífico e a mín encántame unha tarta de mazá que fai
o galego Juan Díaz que ten o restaurante "L´Ecrevisse" en París. É un rapaz de Bande e vou moitas veces a cear porque a súa a tarta me gosta moito e faina moi ben.

P: Na cocina,¿que tal se desenvolve e que prato se lle da mellor?

R: Doulle un xeito eu á cociña e o que máis me gusta preparar é o arroz de verduras que aprendín da miña nai e o fago para lembrarme dela e disfrutar como cando o facía ela. Leva verduras, gambas, "bacon" e despois de preparalas pásanse polo forno. Este prato fagoo cada pouco tempo, os domingos, e tamén mo piden os amigos e nos gusta tanto que sempre se acaba. Penso que os que xa non están contigo, se os lembras como fago eu ca miña nai, siguen vivos, de algún xeito.

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Sí hai un segredo pero pendente de descubrir. Estou moi interesado en saber cómo os portugueses son capaces de preparar de tantas formas diferentes ó bacallao. Eu fagoo moi ben pero cando vou alá, as recetas dos portugueses siguen causándome sorpresa e non sei se lle dan o toque antes de metelo ó forno. Continuamente me fago con recetas de bacallao e vou moito a comelo a Chaves, no restaurante "A Talha"

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Depende do momento. O de comer gustame facelo ben e se teño oportunidade de ir de tapeo en pandilla tamén o fago, por exemplo, en Ourense pero tamén en Bilbao, Zaragoza ou San Sebastián. Pero son máis de prato e postre ou de unha entrada e primeiro.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: As duas características se compatibilizan en mín pois me gustan os pratos máis clásicos e tradicionais durante a maior parte do tempo pero tamén os innovadores, aínda que con menos continuidade.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Sempre fun de peixe e o meu favorito é o rape pero tamén calqueira outro peixe salvaxe. Eu preparo e me queda moi rico un prato de medallóns de rape rebozados en ovo e casi sen pasar no lume.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Pois teño un capricho diario pois non podo pasar sen comer unha mazá de postre polo menos unha vez o día. E necesito terminar o día con ese alimento no corpo.

P
: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R: Fai uns días comín unhas fabas boisimas nun balneario próximo a Oviedo donde está como xerente o tamén galego Félix Álvarez, que antes era director do Gran Hotel da Toxa.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Pois deixándome levar dunha boísima lembranza do mellor cocido do mundo, fai unha semana pedino nun restaurante de Ourense e me sorprendeu desagradablemente.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R: Teño moito interés pos probar cociñas diferentes do mundo pois con moi curioso e entre elas, non coñezo moito a de Perú, país no que nunca estiven pero me falaron moi ben dela por creativa.

P: Quen ou que cousa están para comelos?

R
: A xente que aínda ten ilusión nestes momentos tan dífíciles.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Quizá a falta de coherencia política que vivimos neste país porque non son capaces de porse dacordo para leavntalo entre todos, empuxando á vez.

P
: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: Sen dúbida, A comida demostra a forma que temos de entender a vida: se disfrutas da vida, comer será fundamental para tí pero se non comes ben é porque non hai nada que che interese.

P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R: Ten que ver co que se fala máis que co que se come e eu son dos que morren moito pola boca, nese sentido.

Comentarios