O sábado abre con nubes o fin de semana

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

As nubes seguen mandando no ceo no sábado dunha atípica Semana Santa. Ao principio do día poden descargar algo de choiva en puntos do litoral atlántico, precipitacións que se poden rexistrar pola tarde de forma ocasional nalgúns puntos do interior de Galicia.   

Nunha xornada de vento frouxo de compoñente oeste, as previsións de Meteogalicia apuntan a que as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos. Lugo rexistrará a mínima máis baixa da Galicia urbana, con 9 graos, e Ourense terá a máxima máis elevada, ao alcanzar os 19.