Sábado de altas temperaturas en Galicia

Co avance da xornada os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados
Xente paseando con máscara. ARQUIVO.
Xente paseando con máscara. ARQUIVO.

Non se agardan cambios significativos para o sábado, xa que Galicia permanecerá na influencia das altas presións, con ventos do noroeste. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte.

Co avance da xornada os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de evolución pola tarde no interior e algún chuvasco de tipo treboento.. As temperaturas non experimentarán cambios, con lixeiros descensos das máximas no terzo norte. O vento soprará de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

meteogalicia

Comentarios