jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Sábado de transición en Galicia: o sol ábrese camiño

Previsión de Meteogalicia. EP
Previsión de Meteogalicia. EP
Xornada de ceos pouco anubrados e temperaturas en ascenso 

Este sábado será unha xornada de transición cara á influencia anticiclónica. Así, espérase un día de ceo pouco anubrado en xeral, con máis nubes nas comarcas do litoral oeste. Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo e irá rolando de compoñente sur a compoñente norte co avance do día.

Pola súa banda, as temperaturas ascenderán lixeiramente. Deste xeito, nas principais cidades galegas as máximas subirán até os 28 graos en Ourense, os 25 en Lugo e os 24 en Pontevedra, A Coruña e Santiago. Mentres, os valores mínimos descenderán até os 12 na cidade das Burgas, 13 na capital lucense e os 15 na Boa Vila e Compostela.

Sábado de transición en Galicia: o sol ábrese camiño
Comentarios