A semana comeza con ceos despexados e moita calor

Na metade norte da comunidade as máximas rozarán os 30 graos, valor que se superará notablemente na metade sur
Previsión para este luns 22 de agosto. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este luns 22 de agosto. METEOGALICIA

Este luns Galicia queda na influencia das altas presións situadas ao norte da comunidade, o que favorecerá a entrada de aire cálido desde o sur peninsular e elevará as temperaturas por encima dos 30 graos en varias cidades, segundo Meteogalicia. 

Así, espérase unha xornada de ceos despexados en xeral, con nubes no extremo norte. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. 

O vento soprará moderado do nordés, fortes entre Bares e Fisterra. 
Principais indicadores das temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 16° 27° / Ferrol 18° 27° / Lugo 13° 26° / Ourense  15° 36° / Pontevedra 17° 34° / Santiago 15° 30° / Vigo 21° 34°.

Comentarios