martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

A semana comeza con tempo anticiclónico e subida de temperaturas

Previsión para este luns. METEOGALICIA
Previsión para este luns. METEOGALICIA
O día iniciarase con nubes baixas e néboas, que irán retrocedendo para deixar pola tarde un panorama de ceo pouco nubrado ou despexado

Este luns as altas presións irán entrando progresivamente achegando estabilidade á comunidade, segundo a predición de Meteogalicia. 

O día comezará con nubes baixas e néboas, que irán retrocedendo para deixar pola tarde un panorama de ceo pouco nubrado ou despexado, con algunhas nubes no litoral norte. 

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 

O vento soprará frouxo do noroeste, con intervalos de moderado pola tarde nas Rías Baixas. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:

A Coruña 16° 21°; Ferrol 16° 22°; Lugo 14° 25°; Ourense 15° 30°; Pontevedra 15° 27°; Santiago 15° 23°;
Vigo 14° 25°.

A semana comeza con tempo anticiclónico e subida de temperaturas
Comentarios