viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

O sol brillará este sábado en toda Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia para este viernes
Mapa con la previsión de Meteogalicia para este viernes
Xornada de ceos despexadod e temperaturas en descenso 
 

Este sábado non se esperan cambios significativos, con Galicia na influencia das altas presións. Así, o sol brillará en toda a comunidade e o ceo permanecerá pouco anubrado ou despexado, con algún intervalo de nubes altas. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, as temperaturas mínimas experimentarán un leve descenso, mentres que as máximas caerán lixeiramente nas Rías Baixas e ascenderán no terzo norte. Deste xeito, nas grandes cidades galegas os termómetros subirán até os 22 graos en Ourense, 21 en Pontevedra, 20 en Vigo, os 19 en Compostela e Ferrol, os 18 na Coruña e os 16 en Lugo.

Os valores máis baixos rexistraranse na capital lucense (un grao), mentres que na cidade olívica non baixarán de dez e na Boa Vila, de sete.

O sol brillará este sábado en toda Galicia
Comentarios