jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Temperaturas en descenso

Este xoves Galicia quedará na influencia das altas presións centradas ao norte de Europa, cun réxime de ventos do nordeste que seguirán achegando aire frío. Así, o ceo estará pouco anubrado ou despexado en xeral, con algunha nube de estancamento no extremo norte. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado, do nordeste en xeral. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un moderado descenso, con formación de xeadas xeneralizadas no interior, mentres que as máximas continuarán sen cambios. 

Deste xeito, as temperaturas máximas ascenderán até os 16 graos en Ourense e Pontevedra, mentres que as mínimas descenderán até os dous graos baixo cero en Lugo. 
 

Temperaturas en descenso
Comentarios