Galicia vive este xoves unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con máis claros na metade leste e máis nubes no oeste. Nesa zona, de feito, pódense rexistrar algunhas precipitacións febles.
As previsións de Meteogalicia anuncian bancos de brétemas matinais localmente persistentes no interior e un descenso das temperaturas mínimas, co que pode haber xeadas.
Así as cousas, nas principais cidades galegas os termómetros caerán ata os tres graos en Lugo e Ourense. As mínimas serán algo máis altas na Coruña e Ferrol (8 graos) e en Pontevedra (7).
Cidade | Mínima | Máxima |
A Coruña | 8 | 14 |
Ferrol | 8 | 14 |
Lugo | 3 | 11 |
Ourense | 3 | 12 |
Pontevedra | 7 | 13 |
Santiago | 6 | 13 |
Vigo | 6 | 14 |
As máximas, mentres, non experimentarán cambios significativos e moveranse entre os 11 graos de Lugo e os 14 da Coruña, Ferrol e Vigo.
No que respecta ao vento, soprará frouxo de compoñente sur, aínda que a súa intensidade irá aumentando e deixará refachos fortes pola noite no litoral atlántico.