Tempo seco e solleiro

Este xoves Galicia quedará transitoriamente baixo a influencia dunha cuña anticiclónica que deixará unha xornada de tempo seco e de sol. Con esta situación espérase unha mañá de ceo con nubes e claros e bancos de néboa no interior que se irán disipando para quedar cunha tarde de sol. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte frouxo no interior e moderado no litoral. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un descenso moderado, mentres que as máximas estarán en lixeiro ascenso. Deste xeito, as máximas subirán até os 26 graos en Pontevedra e as mínimas descenderán até o seis graos en Lugo. 
 

Comentarios