jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Tempo seco e máximas de ata 20 graos

Este martes as altas presións quedan situadas ao norte de Galicia, polo que se espera un tempo seco e estable, coa retirada do aire frío de xornadas pasadas. Así, o ceo estará pouco anubrado ou despexado, con algún intervalo de nubes altas. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de dirección variable. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, reducíndose as zonas de xeadas. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 20 graos en Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán até o tres graos en Lugo e Ourense. 

Tempo seco e máximas de ata 20 graos
Comentarios