miércoles. 23.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 23.10.2019
El tiempo

Venres marcado pola inestabilidade: choiva frío

Este venres persiste o aire frío sobre Galicia e a inestabilidade. Así, a xornada volverá presentar intervalos anubrados con chuvascos ocasionalmente acompañados de saraiba e aparello eléctrico. A cota de neve situarase entre os 800 e mil metros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente oeste, moderado, con intervalos fortes pola tarde no litoral. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, as máximas subirán até os 13 graos en Vigo e Pontevedra, mentres que os valores mínimos descenderán até o tres graos en Lugo. 
 

Venres marcado pola inestabilidade: choiva frío
Comentarios