miércoles. 30.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 30.09.2020
El tiempo

Villares critica a operación Centinela da Brilat dicindo que é "ineficiente"

Un dos efectivos despregados na operación Centinela. ADP
Un dos efectivos despregados na operación Centinela. ADP

O voceiro de En Marea preguntará no Parlamento o custe real da presenza do Exército no dispositivo cada verán. "O monte galego non se vixía con metralletas"

En Marea preguntará ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, canto se gasta realmente na operación Centinela, o amplo despregue de medios que, cada verán, desenvolven membros do Exército de Terra e da Armada, dirixidos pola Brilat, para a vixilancia dos montes. Luís Villares, voceiro do grupo parlamentario, asegurou que a contratación do Exército nos labores de vixilancia é "absolutamente ineficiente", xa que, segundo datos avalados polo propio Exército, deron aviso de 270 lumes na última campaña, que é o que de forma ordinaria poden facer no servizo de defensa e prevención contra incendios forestais en tan só dous días.

"O monte galego non se vixía con metralletas, senón con ordenación territorial, con prevención, con silvicultura e cuns profesionais formados", declarou Villares, unha afirmación que, asegurou, "vén avalada pola comparecencia o luns do fiscal superior de Xustiza de Galicia, que negou unha vez máis a existencia de tramas incendiarias e moito menos terrorismo incendiario do que Feijóo botou man para agochar a súa propia incompetencia".

A operación Centinela leva desenvolvéndose nas provincias de Pontevedra, Ourense e parte de A Coruña dende hai máis dunha década. Máis de vinte patrullas procedentes da base da Brilat, principalmente, aínda que tamén do Tercio Norte (con sede en Ferrol), participan nun traballo que califican de disuasión, co obxectivo de evitar que os incendiarios queimen os montes.

 

 

 

Villares critica a operación Centinela da Brilat dicindo que é...
Comentarios