Volve o anticiclón a Galicia, pero por pouco tempo

O sol deixarase ver máis durante as tardes do mércores e o xoves. O venres regresa a choiva
Varias personas pasean por la playa de Bastiagueiro, en Oleiros. ARCHIVO
Varias personas pasean por la playa de Bastiagueiro, en Oleiros. ARCHIVO

Galicia atópase esta semana nunha situación intermedia entre as baixas e as altas presións. Con todo, este martes o anticiclón será máis protagonista. O día comezará con nubes baixas e néboas en moitos puntos que irán desaparecendo co avance da mañá, para quedar unha tarde de ceo despexado no sur, con alternancia de nubes e claros no norte.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos.

Dentro da situación intermedia desta semana hoxe notamos algo máis a influencia da borrasca. Por iso as nubes non desapareceron e as máximas estiveron por debaixo das de onte.
Mañá o anticiclón será máis protagonista. A tarde sera solleira e o termómetro recuperará o perdido hoxe pic.twitter.com/jyarV8emww

— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) July 27, 2021

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado pola tarde nas Rías Baixas. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas principais cidades:

A Coruña 14°/21°; Ferrol 15°/21°; Lugo 11°/24°; Ourense 15°/29°; Pontevedra 13°/27°; Santiago de Compostela 13°/22°; Vigo 13°/25°.

A situación será similar o xoves, con ceos nubrados pola mañá e despexados pola tarde, excepto na Mariña, onde se espera unha xornada inestable.

O venres, unha fronte fría pouco activo rozará o norte de Galicia e provocará unha xornada de ceos moi nubrados ao norte con choivas débiles máis probables pola mañá. Ao sur, pola tarde, a tendencia será a apertura de claros.

Durante o fin de semana as nubes estarán máis presentes no terzo norte –con probabilidade de choivas débiles–, mentres que no sur da comunidade espéranse ceos pouco nubrados. A partir do domingo as altas presións iranse afastando de Galicia, aumentando así a probabilidade de choivas.

Comentarios