Volve a inestabilidade con choivas a última hora

Os termómetros oscilarán en Lugo entre os seis e os quince graos ► A Mariña, en alerta amarela por ventos de máis de 80 kilómetros por hora
Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa con la previsión de Meteogalicia

Galicia mantén este mércores a influencia das altas presións, pero co avance da xornada unha fronte pouco activa irase achegando polo oeste e deixará chuvias cara á noite na franxa atlántica. Así, a xornada comezará cos ceos con nubes altas e bancos de néboa e a partir do mediodía aumentarán as nubes e chegarán as precipitacións febles ao oeste da provincia da Coruña.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente​, e as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán moderados do sur, con refachos fortes no litoral coruñés e na Mariña. De feito, a comarca mariñana estará en alerta amarela por refachos de máis de 80 km/ hora entre as 12.00 e as 18 horas, ao igual que a Costa da Morte e o litoral coruñés.

 Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán até os 20 graos en Pontevedra e Ourense, pero non superarán os 15 en Lugo ou os 16 en Compostela. Mentres os valores mínimos descenderán até os seis graos na capital lucense, nove na cidade das Burgas, dez en Santiago e 12 na Boa Vila. 

Comentarios