Xesús Vázquez: ''Para mellorar o gazpacho engádolle media mazá e na crema de cenoura, duas culleradas de zume de limón''

O actual responsable-visible da educación galega na Xunta criouse entre masas, cremas e merengues preparados en casa para os doces da súa tía Toñita, en Ribadavia, e recoñece que co seu cargo apenas pode adicarse á cociñar aínda que está totalmente capacitado para experimentar cas sobras que sempre se aproveitan e para preparar un xantar de órdago para un grupo de amigos, cando é necesario.

                                                

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: Pois prefiro todas as que teñen demasiado colesterol e entre elas, un bó caldo galego caseiro como o que facía amiña avoa en Ribadavia con dourizo picante que sempre lle daba o punto xusto.Non me gusta nada. Tamén me encanta o fígado de tenreira  aínda que a miña nai con quere fretilo porque di que lle cheira fatal, que consigo que mo faga de cando en Vez. Xa o último entre os favoritos poderían ser os ovos rotos que fan na Porta da Aira, na zona de viños de Ourense.
Non me gustan nada as coles de Bruxelas e se cae algunha nunha menestra, vounas sacando unha a unha.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Bebo sobre todo auga e zumo de laranxa, e xa en plan ocio a partes iguais tocalle á cervexa e o viño. Nunca me gustou o güisqui, e realmente produceme vómitos ainda que non me gusta ningún tipo de alcohol forte, como moito un chupiño de licor café, tan tradicional de Ourense.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Pois tamén teño varios pero sobre todo as cañas fritidas da miña nai Rosa, aínda que as mellores eran as da miña tía Toñita que en Ribadavia facíaas con manteiga de vaca e adicáballes horas para facelas ó baño María. Moito traballou a miña tía os doces! Cada día preparaba 60 diferentes e cargaba con eles cando estaban crús para levalos a cocer o forno ben colocadiños nun cesto que levaba sobre a testa. Tamén me gustan moito as "linguas de bispo" da confitería San Miguel, no centro de Ourense.

P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Pois encántame cociñar tanto como me disgusta fregar logo a louza. E gustame a cociña a pesares de que aprendín por obriga pois cando a miña nai se divorciou, por horario de traballo dos dous tocábame a mín facer a comida para poder comer xuntos nada máis chegar ela a casa, en Santiago de Compostela. Agora, dende que estou na consellería, cociño os domingos para que quede comida na casa para varios días de semana. Se hai invitados podo prepararlles un primeiro de crema de allo porro, cabaciño ou cenoura, logo un asado de solombo de porco á mostaza con piñóns, ceboliña, champinóns e touciño, todo elo en reducción de viño e para rematar natillas ou flan de queixo, aínda que recoñezo que para os doces non teño moi boa mao.

P: ¿Algún segredo aprendido últimamente para a cociña?

R: Cando fago gazpacho sempre lle boto media mazá, seguindo una receta familiar procedente de Andalucía. Para a crema de cenoura engado duas culleradas de zume de limon e uns graos de arroz e mellora un montón.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R
: Pois depende. Para cear con amigos me gusta o tapeo na zona de viños de Ourense cada sábado pero outras veces quedamos con amigos e imos de restaurante. Na casa, as comidas soen ser de prato único.

P: Dígame se é clásico ou innovador, tanto como comensal como na cociña

R: Na cociña gústame innovar e como na casa non se tira nada, aproveito todo e experimento. No momento de comer, son máis tradicional, aínda que probo de todo pero me gusta e me quedo sempre ca cociña galega tradicional.

P: ¿Carne ou peixe?

R
: ültimamente vou máis pola carne pero realmente o que está fixo nas miñas comidas e calqueira tipo de verduras e lácteos, pois alimentos más consistentes non me entran moitas veces.

P
: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R: Cada día pola mañá tomo un "actimel" e un kiwi, nos días tensos recurro moito as ensaladas e para momentos de nervos teño a froita.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R
: Lembro gratamente unha ensalada de rúcula, queixo fresco, figos confitados e tomates "cherry" que me puxeron fai pouco no restaurante "A Taberna" de Ourense

P
: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Pois non tiven disgustos así pero en xeral non repito os pratos con moitos afumados.

P
: Por que prato sinte curiosidade, non coñece e lle gustaría probar?

R: Pois non coñezo a carne de serpe nin a de canguro.

P
: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R
: Os meus sobriños de 6 a 15 anos. Chocheo un montón con eles e o maior ademáis é o meu afillado. Tamén está para comela a zona dos viños de Ourense.

P
: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R
: A mentira, a irracionalidade e tamén a pobreza, a ver si ésta desaparece do mundo.

P
: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: Creo que sí porque hai xente que é hipócrita e notaselle a´te na comida así que estou convencido de que o modo en que comemos reflexa a nosa forma de ser. Os galegos somos galegos tamén pola nosa forma de comer.

Comentarios