miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

Xoves de ceos parcialmente cubertos con algún chuvasco

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
As precipitacións serán máis probables pola tarde en zonas altas

Este xoves non se esperan cambios significativos, con aire frío nas capas altas da atmosfera que seguirá deixando inestabilidade. Así, agárdase unha xornada de ceo parcialmente cuberto con algún chuvasco illado e ocasional pola tarde máis probable en zonas altas. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte e aumentará en intensidade a moderado pola tarde.

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un descenso, que será máis acusado nas mínimas, con formación de xeadas en zonas altas. Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 18 graos en Ourense, os 17 en Vigo e Pontevedra, os 15 en Ferrol e os 14 graos en Lugo e A Coruña. Pola súa banda, os valores mínimos descenderán até o catro graos en Compostela, os cinco na Boa Vila e a cidade das Burgas e os 6 graos na capital lucense. 

Xoves de ceos parcialmente cubertos con algún chuvasco
Comentarios