miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

Xoves de ceos parcialmente cubertos e chuvascos

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia

As temperaturas ascenderán lixeiramente

Este xoves non se esperan cambios significativo en Galicia, xa que seguirá predominando a inestabilidade atmosférica. Así, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvascos máis probables no oeste pola mañá e no leste pola tarde. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente sur. Pola súa banda, as temperaturas ascenderán lixeiramente

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 22 graos en Ourense, os 20º en Pontevedra e Vigo, e os 19 graos en Lugo e A Coruña. Mentres, os valores mínimos descenderán até os nove graos na capital lucense, os dez en Compostela e Ferrol e os 11 na Boa Vila e o resto de grandes urbes galegas.

Xoves de ceos parcialmente cubertos e chuvascos
Comentarios