sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

Un camareiro do Atlántico de Santiago, campión galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia

Benjamín Seoane, campeón gllego de tiraxe de cervexa.EG
Benjamín Seoane, campeón gllego de tiraxe de cervexa.EG

Benjamín Seoane demostrou as súas habilidades xunto a outros nove aspirantes galaicos

O traballador dun pub de Santiago foi o gañador do Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia, celebrado este luns no caseta da marca cervexeira no Fórum Gastronómico da Coruña, segundo informa a compañía.

Un total de strong <>10 aspirantes chegados de diversos puntos da Comunidade, que se clasificaron previamente nos certames Galicia norte e sur, enfrontáronse ao longo de diferentes roldas para alzarse co título de mellor tirador de cervexa.

Os participantes tiveron que demostrar a súa destreza tirando canas, servindo cervexa de botella e respondendo a preguntas de diversa índole sobre o mundo cervexeiro. Finalmente, Benjamín Seoane, do Pub Atlántico de Santiago de Compostela, alzouse co título de Mellor Tirador de Cervexa de Galicia.

O subcampión resultou ser Daniel José de Castro da cafetería Vista Alegre de Burela, en Lugo. Laura Martínez, da Bodeguilla de Santa Marta de Santiago, e Alejandro Castro Somoza, da Bocatería Manduca de strong <>Baiona, leváronse os dous accésits que lles permiten participar tamén no certame nacional que terá lugar no Salón de Gourmets de Madrid o próximo mes de abril. 

Un camareiro do Atlántico de Santiago, campión galego de Tiraxe de...
Comentarios