As vacacións de Nadal son un concepto enganoso para os alumnos xa que, aínda que se suspenden as clases, moitos teñen que seguir traballando desde casa para preparar traballos e os exames ou recuperacións que lles esperan en xaneiro.
As comidas familiares, as citas cos amigos, os reencontros ou a ampla oferta de lecer son motivos máis que suficientes para descoidar as súas obrigacións e que, coa continuación do curso cheguen os abafos.
RECOMENDACIÓNS | Os expertos aconsellan establecer un calendario de rutinas co que distribuír os tempos. A organización é a clave para poder compaxinar os tempos de estudo e de lecer. Así, as bibliotecas manteñen as súas portas abertas para que universitarios e opositores poidan continuar estudando sen distraccións. Segundo os expertos, o ideal é dedicar tres ou catro días a descansar para afrontar con enerxía o novo período lectivo.
Anotar as datas de entrega de traballos e exames nun calendario e colgalo nunha parede visible sería unha boa estratexia para tirar de motivación e evitar que se pasen os días sen avanzar nas obrigacións.
A biblioteca pode ser tamén un aliado para os estudantes que atopan en casa unha trasfega de familiares
Na planificación diaria débese dedicar tempo para estudar e para actividades de lecer. O recomendable é porse o mesmo horario cada día para adquirir a rutina e que ao cerebro sexalle máis fácil de cumprir. As dúas horas seguintes a levantarse son as máis produtivas para o cerebro dunha persoa polo que son un bo momento para dedicarse a estudar. Do mesmo xeito, aconséllase abordar primeiro os aspectos máis complicados e terminar a xornada de estudo co máis sinxelo ou atractivo. O rendemento será maior e obteranse mellores resultados.
A biblioteca pode ser tamén un aliado para os estudantes que atopan en casa unha trasfega de familiares. O bulicio do fogar é un inimigo para a concentración. O importante, explican, é alcanzar un termo medio: manter a rutina sen deixar de gozar.