Eva Cárdenas, a parella do presidente da Xunta, comprou unha casa en Moaña, o mesmo municipio no que precisamente Alberto Núñez Feijóo comezou hai anos a construír un chalé.
A nova propiedade da que fora directora de Zara Home está nunha leira de 708 metros cadrados e ten vistas ao mar. Non se sabe aínda cando comezarán as obras para redecorarla.
Está por ver se o líder do PPdeG vende agora a parcela na que levantou a súa vivenda en Moaña, pero, pase o que pase con ela, queda claro a súa aposta polo municipio pontevedrés.