
A súa noiva colgou unha fotografía en Instagram mostrando un anel
O triatleta Javier Gómez Noya e Anneke Jenkins casan. Así o anunciou a que é a súa noiva desde hai moitos anos. A tamén triatleta compartiu a feliz noticia a través da súa conta de Instagram: "Non podería ser más feliz. Excitada polas nosas futuras aventuras", escribiu a neozelandesa de 28 anos.
Gómez Noya, de 34 anos, atópase precisamente en Nova Zelandia preparando a nova tempada de triatlón. E desde alí colgou Anneke Jenkins a fotografía na que aparece cun anel acompañada do deportista ferrolán fincado en Pontevedra.