martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Israel gaña Eurovisión vinte anos despois de Dana Internacional

La israelí Netta, ganadora de Eurovisión. JOSE SENA GOULAO
La israelí Netta, ganadora de Eurovisión. JOSE SENA GOULAO

Amaia e Alfred rabuñaron unha clasificación discreta, a mesma que Lucía Pérez en 2011

Eurovisión regresou polos camiños da sorpresa e da emoción nas votacións cunha gala que coronou a israelí Netta como gañadora da súa edición lisboeta cando horas antes se daba por cantada a vitoria do Fuego de Eleni Foureira, a representante de Chipre. Como terceiro en discordia entrou o austríaco César Sampson, cuxo Nobody But You foi o tema mellor puntuado polos xurados profesionais e resultou terceiro no cómputo xeral.

Nunha edición que confirmou o divorcio entre as cualificacións dos xurados profesionais de cada televisión participante e as preferencias dos eurofáns e do público xeral nas súas casas, a candidatura de RTVE, defendida polos concursantes de Operación Triunfo 2017 Amaia e Alfred, logrou que Tu canción rabuñase unha puntuación discreta por parte do xurado, pero foi a terceira menos votada polos televidentes de Europa. Como resultado, o vixésimo terceiro lugar, como Lucía Pérez e Que me quiten lo bailao en Düsseldorf 2011.

Cando se cumpren vinte anos da vitoria de Dana Internacional, unha cantante israelí volve facerse co triunfo en Eurovisión. Desta volta foi nunha gala low cost da RTP, organizadora por primeira vez en máis de sesenta anos de historia do festival e que prescindiu de lucería LED logo dunha década.

A cerimonia funcionou como poucas veces nos últimos anos de promoción das formas máis tradicionais e vangardistas da cultura do país anfitrión e para reivindicar a lusofonía: Caetano Veloso, a gran estrela convidada, subiu cantar Amar pelos dois con Salvador Sobral, gañador do no pasado. Tamén deixaron a súa pegada Ana Moura, Mariza, Sara Tavares, Mayra Andrade, Dino Santiago ou Branko DJ. 

Israel gaña Eurovisión vinte anos despois de Dana Internacional
Comentarios