
Vaca Films e Atresmedia producen Quien a hierro mata, que estará dirixida por Paco Plaza e terá a Cambados entre os seus escenarios
O lucense Luís Tosar protagonizará Quien a hierro mata, unha película producida por Vaca Films e Atresmedia que narra unha historia de traizóns, drogas, dramas familiares e violencia ambientada en Galicia.
En pleno auxe das producións sobre o narcotráfico (Fariña, Narcos...), o actor de Xustás abordará un tema que non lle é descoñecido, pois xa interpretou a un traficante colombiano en Miami Vice. Tamén estivo alén da raia, cando deu vida en El Niño a Jesús, un axente que loitaba en Xibraltar contra os reis da coca.
Quien a hierro mata estará dirixida por Paco Plaza (Verónica) e ten guión do cambadés Juan Galiñanes e de Jorge Guerricaechevarría. De feito, a capital do Albariño será un dos escenarios do filme, que empezará a rodarse alí o 6 de abril. Tamén se gravará na Coruña, segundo informa La Opinión, e a produtora galega Vaca Films (El descoñecido) aínda debe concretar outras localizacións.
Atención! Temos convocatoria: Buscamos figuración para o noso novo proxecto. Casting presencial este venres 16 de marzo no centro Ágora da Coruña. Deixámosvos horarios e información dos perfís â??â??â?? pic.twitter.com/smbSCE9fUg<> — VACA FILMS (\
VACAFILMS) 14 marzo 2018<>