
O presentador de 'Wild Frank' relatou nas redes sociais a súa evolución
Un accidente cunha serpe a punto estivo de custarlle a vida a Frank Cuesta. O presentador de Wild Frank recibiu a mordedura dunha cobra que lle inoculou o seu veleno, que pode ser mortal.
Cuesta foi informando da súa evolución nas redes sociais, onde explicou que lle administraron unha nova medicina contra o veleno da serpe.
Efectos de mordedura de cobra, pasadas 5 horas. Testeando una nueva terapia de bloqueadores en pastilla. :-) pic.twitter.com/QMblxNkXnd
— Frank Cuesta (@Frank_Cuesta) 08 febreiro 2018
Pasadas 72 horas los efectos han desaparecido. Estas pastillas van a salvar muchas vidas... Sobre todo de niños :-) pic.twitter.com/dclDS8XFbe
— Frank Cuesta (@Frank_Cuesta) 11 febreiro 2018
Grazas á medicación recibida, o presentador e amante dos animais recuperouse da mordedura. "Pasadas 72 horas los efectos han desaparecido. Estas pastillas van a salvar muchas vidas... Sobre todo de niños", relatou en Twitter.