viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Polémica en Tenerife por unha festa onde se elixirá a Miss Cachonda e Miss Estreita

Cartel da polémica festa. EP
Cartel da polémica festa. EP

O coordinador do evento asegura que é un acto "só para mulleres" que "non ten nada de machista"

O próximo 3 de marzo celebrarase na localidade tinerfeña da Orotaya unha festa na que se elixirá a Miss Cachonda e Miss Estreita, un evento que xerou gran polémica e que está patrocinado polo propio Concello de Güímar, do PP.

Trátase dunha festa "só para mulleres" cuxo obxectivo é recadar diñeiro para a festividade da Virxe de Fátima. O evento inclúe cea, striptease, transformistas, baile, sorteos e a elección de Miss Cachonda, Miss Estreita e Miss Licenciada en Follometría.

En declaracións a La Opinión de Tenerife, o coordinador do evento, Isidro Agustín Rodríguez, defende que a festa "non ten nada de machista". Desde o seu punto de vista, "non se ofende a ninguén" con este acto e "hai cousas máis importantes, como os malos tratos", das que preocuparse. 

Pola súa banda, a alcaldesa da localidade, Carmen Luisa Castro, non descarta acudir ao evento. "Non sei se teño o día libre para ir á festa, pero que pasa se vou", declarou en ton desafiante.

Polémica en Tenerife por unha festa onde se elixirá a Miss...
Comentarios