viernes. 22.10.2021 |
El tiempo
viernes. 22.10.2021
El tiempo

Un accidente dun camión obriga a cortar o carril dereito da N-532 á altura de Verín

O suceso tivo lugar no quilómetro tres da N-532, onde un camión quedou envorcado sobre a vía

Un accidente de circulación protagonizado por un camión obrigou a cortar ao tráfico o carril dereito da estrada N-532 ao seu paso polo municipio ourensán de Verín.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pasadas as 10,30 horas deste sábado. Desde entón, o carril dereito desa estrada á altura do punto do accidente permanece cortado.

O suceso tivo lugar no quilómetro tres da N-532, onde un camión sufriu un accidente e quedou envorcado sobre a vía. O condutor do trailer resultou ileso pero, debido á magnitude do vehículo, o tráfico non puido ser restablecido.

Tras ter constancia do sucedido, a central de emerxencias puxo o caso en coñecemento da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Verín.

Un accidente dun camión obriga a cortar o carril dereito da N-532 á...