Atopan morta unha muller na Coruña cando ían desafiuzala e buscan á filla

A Policía non descarta, de momento, ningunha hipátese sobre a morte da muller

O cadáver dunha muller, de idade avanzada, apareceu na mañá deste luns nun domicilio da Coruña cando ían desafiuzala. 

Desde a Policía Nacional, unicamente confirmouse que se achou a unha persona morta e que, nestes momentos, non se descarta "ningunha hipótese" sobre a causa da súa morte. "Pode ser que non sexa natural, está a investigarse", indicaron. 

Fontes consultadas por Europa Press, ratificaron tamén que hai unha liña de investigación aberta despois de que a comitiva xudicial descubrise o cadáver da muller, unha persona maior que residía no número 15 da rúa Perú.

As mesmas fontes indicaron que se estaría buscando á filla da falecida, aínda que, polo momento, desde a Policía Nacional non houbo confirmación á espera de que avance a investigación.