A Axencia Galega de Emerxencias (Axega), a través do CIAE 112 Galicia, activou á primeira hora da mañá deste luns o protocolo de colaboración transfronteiriza en caso de emerxencia (ARIEM 112) para tratar de localizar un home que buscan desde o pasado sábado na parte portuguesa do río Miño.
Segundo informou o 112, ademais, unha Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias tamén se desprazou cara á praia Fluvial de Celas, en Arbo (Pontevedra), para participar no operativo.
En canto aos medios españois mobilizados, no operativo participa unha embarcación da Guardia Civil e un equipo de mergulladores e dúas embarcacións e un equipo de mergulladores da Armada.