lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Morre na Rúa ao caer dun tellado cando o arranxaba

Foi un particular quen alertou do accidente, que ocorreu na praza de Fontei

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste luns na Rúa ao precipitarse mentres arranxaba un tellado da súa propiedade. Sucedeu na praza de Fontei, uns minutos logo das catro da tarde.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dunha persoa particular e, enseguida, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que se descartou a súa intervención ao confirmarse o falecemento da persoa. Tamén, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa. 

Morre na Rúa ao caer dun tellado cando o arranxaba