sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Resulta ferido grave en Sarreaus tras lesionarse cunha motoserra

O home foi trasladado en helicóptero a un hospital

Un home resultou ferido de carácter grave no municipio ourensán de Sarreaus tras lesionarse cunha máquina de cortar leña que estaba a manexar.

Segundo informou o CAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 18,30 horas no lugar de Cortegada, cando a vítima cortaba leña nunha leira da súa propiedade. 

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Xinzo e o helicóptero medicalizado o 061 con base en Ourense, que trasladou ao home, con feridas de gravidade nunha man, até o hospital. 
 

Resulta ferido grave en Sarreaus tras lesionarse cunha motoserra